Trump e Zelenski negociarán esta tarde un plan de paz para Ucraína
Putin considera inaceptable o posible acordo entre Ucraína e os Estados Unidos
Por sexta vez nos últimos anos, os presidentes dos Estados Unidos, Donald Trump, e de Ucraína, Volodímir Zelenski,reuniranse para tratar de rematar coa guerra. A xuntanza de Trump e Zelenski comezará á unha da tarde, hora local, sete da tarde en Galicia, na residencia particular do mandatario estadounidense na Florida.
Zelenski di que o acordo de paz está listo nun noventa por cento
O líder ucraíno dixo este sábado, durante a visita ao primeiro ministro do Canadá, que o seu plan de paz está listo ao 90%. A proposta negociadora inclue cesións territoriais o xestión mixta dalgunhas zonas, control conxunto da central nuclear de Zaporiyia e compromiso de seguridade futura de Ucraína. Zelenski di que o acordo tería que aprobarse en referendum, que podería desenvolverse ao mesmo tempo que as eleccións presidenciais.
O posible acordo, sen participación europea, é considerado inaceptable por Putin
Na xuntanza desta tarde non estará ningún representante europeo, aínda que a Unión Europea probablemente tería que financiar gran parte dos máis de setecentos mil millóns de dólares que costará a reconstrucción de Ucraína.
De todos os xeitos, o posible acordo entre Trump e Zelenski nacería morto, ou polo menos coxo,xa que o presidente ruso, Vladimir Putin, considerao inaceptable. Putin asegurou este sábado que se Ucrania non quere resolver o conflito pacíficamente, Rusia está preparada para resolvelo pola forza.
Rusia atacou nas últimas horas as cidades de Jerson e Kíiv
E mentres uns e outros falan de saídas pacíficas, os exércitos de Ucraína e Rusia seguen pelexando este nadal. As forzas rusas atacaron nas últimas horas a infraestructura eléctrica da cidade de Jerson, horas despois de que as bombas matasen en Kíiv unha persoa e deixasen feridas outras dezanove.