Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump e Putin comezan o cumio en Alaska tras un saúdo efusivo no aeroporto

Trump e Putin comezan o cumio en Alaska tras un saúdo efusivo no aeroporto

O presidente dos EUA ten esperanzas de avanzar sobre un arranxo á guerra en Ucraína

(Reuters) (Reuters)
G24.gal 15/08/2025 21:22 Última actualización 15/08/2025 22:05

O presidente estadounidense, Donald Trump, e o seu homólogo, Vladimir Putin, comezaron a súa reunión a porta pechada baixo o lema "Perseguindo a Paz", acompañados das súas respectivas delegacións de alto nivel e non en privado, como a Casa Branca suxeriu nun primeiro momento.

Trump estivo acompañado nesta primeira toma de contacto do secretario de Estado, Marco Rubio, e o enviado especial para Oriente Medio e mediador co Kremlin, Steve Witkoff, mentres que Putin chegou xunto co ministro de Exteriores ruso, Serguéi Lavrov, e Yuri Ushakov, asesor de política internacional do Kremlin.

Ambos os mandatarios posaron fronte a un cartel co lema "Perseguindo a Paz" nunha das salas da base aérea de Elmendorf-Richardson, para posteriormente pasar a falar a porta pechada. A reunión comezou sobre as 11:30 da mañá hora de Alaska, estado do ártico estadounidense que por primeira vez visita un presidente ruso.

As conversas centraranse en conseguir un posible cesamento do fogo en Ucraína, que Rusia invadiu a grande escala en febreiro de 2022, mentres que a contraparte rusa podería tentar conseguir concesións territoriais no leste ucraíno.

Trump espera tratar tamén temas de defensa, así como posibles vías de cooperación económica e comercial, especialmente #ante a crise que enfronta a economía rusa polo alto custo de manter a guerra. 

O presidente ruso e o estadounidense, Donald Trump, saudáronse sobre a pista de aterraxe da base aérea de Elmendorf-Richardson, nos arredores de Anchorage (Alaska). 

Trump posou con Putin aos pé do avión flanqueado por catro F-22, á vez que EFE puido constatar que varios bombardeiros estratéxicos avanzados B-2 estaban nas inmediacións á vista do presidente ruso, que é bo coñecedor do papel estratéxico desta base para contrarrestar a proxección de forza rusa. Ambos subiron á Besta, o coche blidando do presidente dos Estados Unidos para iniciar a súa axenda de traballo.

Putin, que non visita os EUA desde 2015, cando se reuniu co entón presidente, Barack Obama, convértese no primeiro mandatario ruso que pisa o estado de Alaska, que durante un século foi colonia rusa ata 1867 e foi clave durante a Guerra Civil para contrarrestar os soviéticos.

Putin, que adoita chegar tarde a encontros con outros mandatarios, non se atrasou.

O presidente ruso estará acompañado polo ministro de Exteriores, Serguéi Lavrov; Defensa, Andréi Beloúsov; o ministro de Finanzas, Antón Siluanov, e o representante para a cooperación económica exterior, Kiril Dmitriev, entre outros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade