Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump dilles aos países da OTAN que nunca esquecerá a súa inacción en Irán

Trump dilles aos países da OTAN que nunca esquecerá a súa inacción en Irán

"Os países da OTAN non fixeron absolutamente nada para axudar en Irán", repróchalles, "os Estados Unidos non necesitan nada da OTAN"

O presidente norteamericano insta a Irán a sentar a negociar "antes de que sexa demasiado tarde" e advirte que se non o fai "non haberá volta atrás"

Arquivo/Kay Nietfeld/dpa Arquivo/Kay Nietfeld/dpa
G24.gal 26/03/2026 12:00

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, cargou este xoves contra os países da OTAN, e aseguroulles que nunca esquecerá que non interviñesen na guerra de Irán. Faino tras negarse a unirse á súa ofensiva para abrir o estreito de Ormuz. O mandatario chámalles "covardes",  e cre que cometeron "un erro moi parvo" ao facelo.

"Os países da OTAN non fixeron absolutamente nada para axudar en Irán, unha nación exasperada que agora se atopa militarmente destruída, indicou. "Os Estados Unidos non necesitan nada da OTAN, pero nunca esquezan este momento tan importante!", escribiu o mandatario en letras maiúsculas na súa rede social Truth Social.

O presidente insta a Irán a sentar a negociar "antes de que sexa demasiado tarde" e advirte de que se non o fai, "non haberá volta atrás".

"Máis lles vale poñerse serios pronto, antes de que sexa demasiado tarde, porque unha vez que iso suceda, non haberá volta atrás e non será nada agradable!", dixo Trump.

O presidente asegurou que "os negociadores iranianos son moi diferentes e estraños", e "están a rogarnos que cheguemos a un acordo, o cal deberían facer, xa que foron aniquilados militarmente sen ningunha posibilidade de recuperación, e con todo, publicamente afirman que están 'a analizar a nosa proposta' ERRO!".

Desta forma Trump insiste en que é Irán quen está pedindo negociar, a pesar de que as autoridades iranianas o negan en público e, segundo reportaron medios oficiais, rexeitaron a súa proposta de 15 puntos para acabar a guerra por considerala excesiva.

Teherán busca colocar na mesa as súas propias condicións, que inclúen que se recoñeza que teñen soberanía sobre o estreito de Ormuz e que se reparen os danos na infraestrutura do seu país. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade