Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump dálle un ultimato a Irán para que abra Ormuz e Teherán ameaza con pechalo completamente

Trump dálle un ultimato a Irán para que abra Ormuz e Teherán ameaza con pechalo completamente

Os Estados Unidos déronlle un prazo de 48 horas a Irán para abrir o estreito

Teherán asegura que pechará "completamente" Ormuz se o atacan e destruirá infraestruturas en Israel e intereses vinculados aos Estados Unidos

Sánchez esixe reabrir o estreito de Ormuz e preservar "todos os xacementos enerxéticos" en Oriente Próximo

G24.gal 22/03/2026 08:28 Última actualización 22/03/2026 20:57

O presidente estadounidense, Donald Trump, asegurou este sábado que os EUA atacarían as centrais eléctricas de Irán se o país persa non abre "totalmente" o estreito de Ormuz ao tráfico marítimo. Deulle un prazo de 48 horas para facelo.

"Se Irán non abre totalmente, sen ameazas, o estreito de Ormuz nun prazo de 48 horas a partir deste preciso momento, os Estados Unidos atacarán e arrasarán coas súas diversas centrais eléctricas, empezando pola máis grande", escribiu o mandatario nunha mensaxe publicada este sábado na rede Truth Social.

O secretario do Tesouro, Scott Bessent, declarou que a Forza Aérea e as Armada iranianas están "completamente debilitadas". Asegurou que todas as opcións, incluíndo o envío de tropas para asegurar a illa de Jarg, que alberga a maior terminal de exportación de cru da república islámica, están sobre a mesa.

Pola súa banda, Irán insistiu este domingo en que o estreito de Ormuz está aberto agás para Israel e os Estados Unidos pero que, de ser atacados, responderían inmediatamente co peche total do paso ata a reconstrución das centrais danadas. Ademais asegurou que atacaría infraestruturas en Israel e intereses vinculados aos Estados Unidos na rexión. Advertiu que tamén serían o seu obxectivo as centrais eléctricas en países con bases militares estadounidenses. 

Pola súa banda o Exército israelí atacou nas últimas horas instalacións militares e de intelixencia irananas. O primeiro ministro, Benjamín Netanyahu asegurou que o seu país está "derrotando o inimigo e gañando a batalla" e fixo un chamamento a outros países para sumarse á ofensiva.

Ademais o Exército israelí ordenou destruír as pontes sobre o río Litani que unen o sur do Líbano co resto do país para evitar, dixo, que as milicias de Hezbollah trasladen equipos de combate. O bombardeo aéreo sobre a ponte dificulta a evacuación dos refuxiados e o presidente libanés, Joseph Aoun, valorouno como o "preludio dunha invasión terrestre"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade