Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump dálle á UE un ultimato ata o 4 de xullo para cumprir o acordo comercial

Trump dálle á UE un ultimato ata o 4 de xullo para cumprir o acordo comercial

O presidente dos Estados Unidos ameaza con elevar os aranceis se Bruxelas non aplica o pactado no acordo de Turnberry

REUTERS/Evelyn Hockstein REUTERS/Evelyn Hockstein
G24.gal 07/05/2026 22:04 Última actualización 07/05/2026 22:52

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou este xoves que falou por teléfono coa presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, á que lle deu de prazo ata o próximo 4 de xullo para que a Unión Europea cumpra o acordo comercial pactado entre ambas as partes o ano pasado.

Trump afirmou nunha mensaxe publicada na súa rede social Truth Social que a UE prometera cumprir a súa parte do acordo e reducir os seus aranceis a cero.

Segundo indicou, aceptou conceder ese prazo ata a celebración do 250 aniversario da independencia dos Estados Unidos. En caso contrario, advertiu de que os aranceis europeos se dispararían inmediatamente a niveis moito máis elevados.

O acordo de Turnberry

O coñecido como acordo de Turnberry, acadado durante a visita de Trump a Escocia no verán de 2025, redefiniu o marco arancelario entre ambas as economías.

O acordo establece un teito arancelario do 15 % para a maioría dos produtos europeos exportados aos Estados Unidos, incluídos automóbiles, semicondutores, produtos farmacéuticos e madeira.

A cambio, a Unión Europea comprometeuse a eliminar a maior parte dos aranceis que aínda aplicaba a produtos industriais estadounidenses.

Un dos últimos movementos da Casa Branca nesta materia produciuse o pasado 1 de maio, cando Trump anunciou que incrementaría ata o 25 % os aranceis sobre automóbiles e camións procedentes da UE.

O mandatario xustificou esa decisión asegurando que Bruxelas “non está cumprindo completamente o acordo comercial”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade