Publicador de contidos
Publicador de contidos

Triunfo contundente que sobe a moral do Ensino

Triunfo contundente que sobe a moral do Ensino

Impúxose por 49-75 na pista dun rival directo pola permanencia, o Leganés

G24.gal 23/01/2022 20:11

Na Liga Feminina, fundamental triunfo do Durán Maquinaria Ensino en Leganés. As galegas mandaron dende o salto inicial e gañaron 49-75 na cancha dun rival directo pola permanencia. Era o primeiro partido de Fernán Varela no banco tras a destitución de Miguel Ángel Ortega. A quinta vitoria da temporada permítelles coller unha de vantaxe sobre o descenso.

Ao descanso a vantaxe era de quince puntos (25-40) e o equipo de Lugo sentenciou no derradeiro cuarto ata irse aos 26 de vantaxe. Bo partido de todas as xogadores con catro en dobres figuras de anotación: Alba Prieto, Van del Adel, Laura Aliaga e Helena Oma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade