Triunfo con remonta de Carlos Alcaraz para meterse nas semifinais de Madrid
Gañou a Khachanov por 6-4 e 7-5 nunha hora e 50 minutos e segue adiante no Masters 1.000 de Madrid
Carlos Alcaraz clasificouse para as semifinais do Masters 1.000 de Madrid cunha vitoria por 6-4 e 7-5 sobre o ruso Karen Khachanov, que vendeu cara a súa derrota e nalgunhas fases do partido rompeu o ritmo ao español, defensor do título.
O partido durou unha hora e 50 minutos, tras os cales Alcaraz reservou praza nas semifinais do venres, día do seu vixésimo aniversario, cando se enfrontará ao gañador do choque entre o croata Borna Coric (17 cabeza de serie) e o alemán Daniel Altmaier, repescado da fase previa.
Khachanov era o rival con mellor clasificación (12) de cuantos atopou Alcaraz alén da rede durante a última semana
🔥 ¡EL RUGIDO DEL CAMPEÓN! 🔥
— #MMOPEN (@MutuaMadridOpen) May 3, 2023
🇪🇸 @carlosalcaraz supera a Khachanov (6-4, 7-5) para regresar a las semifinales del #MMOPEN.
🔜 Medirá a Coric/Altmaier en la penúltima ronda. pic.twitter.com/aeUlUoBMCX