Tráfico pon o ollo nas condicións en que circulan os vehículos
A verificación céntrase nas rodas e as luces
A Garda Civil comezou este mércores en unha campaña especial para comprobar se os condutores teñen os coches en boas condicións para circular.
A verificación vaise centrar nas rodas e as luces, pois son os elementos chave da seguridade dos vehículos.
Desde a DXT insisten na necesidade de manter o coche en condicións óptimas, sobre todo en Galicia, onde temos un parque móbil cunha media de 13 anos de antigüidade.
Trátase ademais dunha campaña específica para Galicia e as comunidades coa meteoroloxía máis adversa.
Nesta época do ano, con menos luminosidade e peor tempo, a revisión de pneumáticos e luces é especialmente importante.
A multa mínima por non cumprir coas condicións para circular é de 90 euros, e a máxima de 800, 200 por cada roda en mal estado, bastante máis do que se gastaría en cambialas.