Publicador de contidos
Publicador de contidos

Toni Nakic e Sergi García poderían reaparecer ante o Gran Canaria

Toni Nakic e Sergi García poderían reaparecer ante o Gran Canaria

Mrsic falou de Ben McLemore: "É un mozo con moitas calidades e disposto a traballar para axudar o equipo"

G24.gal 28/12/2023 13:54 Última actualización 28/12/2023 14:04

O Río Breogán pechará este sábado na cancha da Gran Canaria "unha boa semana de traballo", no ambiente ideal, a pesar do duro revés no derbi galego.

"Polas datas en que estamos, a xente puido reunirse coas súas familias e está nun estado de felicidade que nos axudou a superar esa dura derrota. Traballamos moi ben, corrixindo cousas que dependen de nós", sinalou Veljko Mrsic na súa intervención previa á nova xornada da ACB.

Como non podía ser doutra maneira, a chegada de Ben McLemore foi un dos asuntos analizados polo técnico breoganista na sala de prensa do Pazo.

"Hai que ver como responde nos partidos, pero a impresión é boa. Entrará na rotación para xogar de dous ou de tres. É un mozo con moitas calidades e disposto a traballar para axudar ao equipo", sinalou Mrsic.

Mrsic é auto á hora de abordar as reaparicións de Toni Nakic e Sergi García.

"Van viaxar, pero son dúbidas. A ver como reaccionan nas próximas horas, aínda que é verdade que están preto de regresar", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos