Reforzan con 35.000 axentes a seguridade ante a declaración de Trump no xulgado
As autoridades temen protestas en Nova York a favor e en contra do expresidente
Os medios non poderán retransmitir en directo a lectura de cargos contra Trump
Rodeado dos seus asesores máis directos. Donald Trump agarda as horas previas á súa declaración ante a Corte Penal de Nova York na torre da súa propiedade da Quinta Avenida. A Policía reforzou a seguridade con 35.000 axentes, ante o temor ás protestas de partidarios e detractores.
"A mensaxe é clara e simple. Compórtense do mellor xeito"
É a primeira vez que un presidente dos Estados Unidos se ve obrigado a declarar como imputado ante a xustiza. O país está polarizado.
"Moita xente tería que ser arrestada na cidade de Nova York"
"Agardo que sexa xulgado e que o declaren culpable"
Donald Trump chegará á Corte Penal esta tarde e terá que escoitar a lectura de cargos por parte do xuíz, que aínda non son públicos.
Está investigado por supostos delitos fiscais por desviar cartos para pagar o silencio da actriz porno Stormy Daniels por unha suposta relación extramatrimonial. O expresidente atribúe esta imputación a unha persecución política.
Está inmerso en plena campaña de primarias no seu partido e as enquisas refórzano como favorito entre os republicanos. Os seus avogados confían en que poida saír da Corte en liberdade sen cargos. E aínda sendo culpable podería continuar coa súa carreira presidencial. A lei non o prohibe nos Estados Unidos.