Cargando resultados...
TOC, unha doenza que pode ser incapacitante e causar moito sufrimento
TOC, unha doenza que pode ser incapacitante e causar moito sufrimento
O 90 % dos afectados responden a tratamento con psicoterapia e fármacos
O CHUVI realiza con éxito unha cirurxía para os casos máis graves
G24.gal
21/12/2024 15:30
50.000 galegos poderían padecer TOC, trastorno obsesivo compulsivo. A maior parte dos casos responde ao tratamento con psicoterapia e fármacos, pero nun 10 % dos doentes chega a ser incapacitante e causar moito sufrimento.
Neses casos podería estar indicada unha técnica cirúrxica que está a realizarse con éxito no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.