Cargando resultados...
Tirapuxa entre Néstor Rego e o vicepresidente do Congreso a conta da monarquía
O deputado do BNG cualificou a institución de "anacrónica e corrupta", o que lle valeu dúas advertencias
G24.gal
24/11/2022 13:55
Durante o debate sobre os presupostos xerais do Estado, cando se abordaban as contas da Casa Real, o deputado do BNG, Néstor Rego, referiuse en dúas ocasións á monarquía como "corrupta".
Custoulle dúas advertencias por parte do vicepresidente do Congreso, o socialistas Alfonso Rodríguez Gómez de Celis, quen lle dixo que se había unha terceira, retiráballe a palabra.