Publicador de contidos

Publicador de contidos

Termómetros en máximos en media España, que baixarán a partir do sábado

Termómetros en máximos en media España, que baixarán a partir do sábado

G24.gal 28/04/2023 14:51

Logo das marcas no día de máis calor de abril, os termómetros seguen en máximos. Van superar os 37 graos nas provincias de Granada, Sevilla ou Córdoba.

E os 34 no leste, en Castela-A Mancha e zonas de Aragón. Tamén será unha xornada de intensa calor en Madrid, que podería bater a súa marca, por riba dos 32. Para levalo mellor xa funcionan as fontes de Madrid Río. Toca protexerse do sol e hidratarse moito.

Resultará pouco menos que imposible sentar en terrazas sen sombra. Así de baleiras fronte ás mesas cubertas por toldos ou árbores. 

En Estremadura, Huelva ou Cádiz, alivia algo a calor dos últimos días.

E esta será atónica a partir de mañá. Baixan as temperaturas en practicamente toda España, salvo no Mediterráneo, onde seguirán coma hoxe, enchendo as praias. 

Volverán os valores máis propios desta época, pero será un respiro porque se agarda unha repunta para o martes, cando regresará a calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade