Ter unha viaxe pagada evitaranos ir a unha mesa electoral e os que voten por correo terán que presentar DNI
Ter unha viaxe pagada evitaranos ir a unha mesa electoral e os que voten por correo terán que presentar DNI
A Xunta Electoral Central pronunciouse este xoves sobre estas dúas cuestións que preocupaban os electores
A Xunta Electoral Central acordou este xoves que sexa unha escusa válida non formar parte dunha mesa electoral cando supoña a cancelación dunha viaxe ou estancia vacacional, contratados antes da convocatoria dos comicios do 23 de xullo, e haxa prexuízo económico ou supoña un trastorno grave.
"Se a xornada electoral coincide cun desprazamento ou estancia de carácter vacacional, que fose contratado antes da data de convocatoria das eleccións, cuxa cancelación ocasione un prexuízo económico ou un trastorno grave ao solicitante, pode ser considerado como escusa polas Xuntas Electorais de Zona, sempre que se asegure a integración plena das mesas e que se acredite documentalmente a debida antelación do contrato, así como o prexuízo económico ou trastorno graves alegados", recolle a resolución.
Voto por correo presentando DNI
A Xunta Electoral Central aprobou ademais unha instrución que esixe que todos os electores que voten por correo se identifiquen co DNI ou cun documento análogo no momento de enviar a papeleta e depositar o voto.
Se non se puidese acudir persoalmente a entregar a documentación, deberase outorgar unha autorización para que a entregue outra persoa, que deberá estar asinada polo elector e acompañarse de fotocopia do seu DNI ou documento análogo.