Publicador de contidos

Publicador de contidos

Teofilovic dáse a coñecer no derbi do Miño cun dobrete (2-1)

Teofilovic dáse a coñecer no derbi do Miño cun dobrete (2-1)

O dianteiro serbio, que só levaba 28 minutos xogados en toda a temporada, aparece dun xeito estelar para resolver cun dobrete no Anxo Carro

G24.gal 21/12/2025 18:19

Ognjen Teofilovic pasara desapercibido ata esta xornada. Apenas 28 minutos espallados en catro partido para o dianteiro serbio de só 19 anos. Contra o Lugo entrou no minuto 70 no lugar de Txus Alba. E marcou un dobrete no 74 e no 81. Unha achega estelar que decidiu o derbi do Miño diante do Ourense Club de Fútbol. O cadro ourensán recurtou diferenzas xa no engadido cun gol de Nacho Castillo. Foi un enfrontamento no que o Ourense dominou no primeiro tempo e gozou de mellores ocasións. O Lugo reaccionou no segundo pero sen ter moito perigo ata a entrada de Teofilovic. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade