Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres deputados do PSOE e dous do BNG planta a Tomé por presidir a Xunta do Goberno da Deputación

Tres deputados do PSOE e dous do BNG planta a Tomé por presidir a Xunta do Goberno da Deputación

Os nacionalistas reclámanlle a Tomé que devolva a acta pero manteñen o acordo no cabildo lugués

G24.gal 19/12/2025 14:13

O PSdeG na Deputación de Lugo está dividido. Os afíns a Tomé, 3 edís, arroupárono este venres na Xunta de Goberno. E os críticos, como o alcalde de Castroverde piden a Besteiro contundencia. Que os obrigue a entregar as actas. "Creo que debemos ser consecuentes co que hai. Este home debe entregar a acta", di José María Arias, rexedor de Castroverde.

Os nacionalistas reclámanlle a Tomé que devolva a acta pero manteñen o acordo na deputación. E cargan as tintas no PSOE. "Este é un problema do Partido Socialista. Ten que dar ese debate interno e tratar de facer presión", reclama Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo.

E o Partido Popular pon o foco en Tomé. Quere que a Deputación lle pague a defensa. Hoxe estaba na orde do día este punto, aínda que finalmente retirouse.

"A intención era moi clara: Que a Deputación pagara os gastos da defensa xurídica de José Tomé",  asegura Antonio Ameijide, vocerio do Partido Popular.

José Tomé seguirá como Presidente en funcións da Deputación de Lugo ata a celebración do pleno ordinario o próximo 30 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade