Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tensión en Shanghai polas estritas medidas contra a covid

Tensión en Shanghai polas estritas medidas contra a covid

As autoridades requisan edificios para transformalos en centros de corentena

G24.gal 15/04/2022 14:05

Mentres en Occidente se relaxan as medidas, na China rexistran o peor gromo dende que empezou a pandemia. Nas últimas horas contabilizáronse 3.486 novos positivos sintomáticos e máis de 20.000 asintomáticos.

A cidade con máis casos é Shanghai, que continúa confinada dende hai dúas semanas e onde medra a tensión. Os residentes dunha urbanización enfrontáronse ás autoridades, que requisaron parte dos seus edificios para transformalos en centros de corentena improvisados.

O incremento dos contaxios non se traduce en falecementos. Segundo as contas oficiais, menos de 5.000 persoas morreron dende o inicio da pandemia, as dúas últimas en marzo, as primeiras contabilizadas en máis dun ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar