Publicador de contidos

Publicador de contidos

As tres Tanxugueiras xa están en Benidorm e prepáranse para a actuación desta noite

As tres Tanxugueiras xa están en Benidorm e prepáranse para a actuación desta noite

Presentan o tema 'Terra' en directo, co que compiten para ir a Eurovisión

G24.gal 26/01/2022 08:39

Tanxugueiras xa están en Benidorm e presentarán esta noite o tema con que competirán para ir a Eurovisión. 

Pasadas as dez e media, as pandeireteiras galegas farán soar 'Terra' en directo, arroupadas por un grupo de artistas maioritariamente galegos, na primeira das dúas semifinais do certame.

O tema xa acumula máis de 4 millóns de reproducións nas principais plataformas dixitais e destaca pola forza da música, do baile, e tamén do estilismo.

Tanxugueiras están entre as favoritas e dúas das súas integrantes superaron a covid–19 a tempo para participar no festival. 

Olaia xa está en Benidorm

Olaia Maneiro, que dera dera positivo por covid, xa chegou a Benidorm. Xa se recuperou da enfermidade e únese ás súas compañeiras de formación para actuar esta noite no Benidorm Fest.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar