Publicador de contidos

Publicador de contidos

Taiwán anuncia un novo sistema avanzado de defensa aérea para conter A China

Taiwán anuncia un novo sistema avanzado de defensa aérea para conter A China

O Goberno impulsará tamén a integración de tecnoloxías de alta gama e intelixencia artificial para construír un sistema de combate defensivo intelixente

Acrobacias durante as celebracións de Día Nacional taiwanés (REUTERS/Ann Wang) Acrobacias durante as celebracións de Día Nacional taiwanés (REUTERS/Ann Wang)
G24.gal 10/10/2025 09:15

O presidente de Taiwán, William Lai, anunciou este venres o desenvolvemento dun rigoroso sistema de defensa aérea para facer fronte á crecente presión da China, que considera a illa como parte inalienable do seu territorio.

Denominado T-Dome, este novo sistema establecerá unha defensa en múltiples capas, con detección de alto nivel e interceptación efectiva, o cal permitirá tecer unha rede de seguridade “para protexer as vidas e os bens dos cidadáns".

O Executivo tamén impulsará a integración de tecnoloxías de alta gama e Intelixencia Artificial para construír un sistema de combate defensivo intelixente, maximizando a disuasión efectiva da illa e reforzando as capacidades do seu propio sector de defensa.

“Taiwán, como socio de seguridade confiable para os nosos amigos e aliados, poderá evitar conxuntamente a cadea de subministración vermella e fomentar a confianza en materia de defensa entre os países libres e democráticos", aseverou Lai.

“Estamos decididos a manter a paz mediante a fortaleza”

O mandatario fixo este anuncio durante o seu discurso con motivo das celebracións organizadas no país co gallo do Día Nacional taiwanés. Promete continuar investindo en tecnoloxías innovadoras e colaborando coas industrias militares de países avanzados para reforzar as capacidades do seu propio sector de defensa.

O presidente de Taiwán, Lai Ching-che, durante as celebracións do Día Nacional en Taipei, Taiwán (REUTERS/Ann Wang) O presidente de Taiwán, Lai Ching-che, durante as celebracións do Día Nacional en Taipei, Taiwán (REUTERS/Ann Wang)

“Taiwán, como socio de seguridade confiable para os nosos amigos e aliados, poderá evitar conxuntamente a cadea de subministración vermella e fomentar a confianza en materia de defensa entre os países libres e democráticos", afirma. O obxectivo é construír unha sólida liña de defensa para salvagardar os valores da liberdade e a democracia,

Estas declaracións tiveron lugar durante as celebracións do Día Nacional, unha data que lembra o derrocamento da última dinastía imperial en 1911 e o establecemento da República de China (nome oficial da illa), na que os presidentes taiwaneses adoitan dirixirse á cidadanía.

Taipei e Pequín, inimigos irreconciliables

As semanas previas a esta efeméride estiveron marcadas por un agravamento das disputas entre Taipei e Pequín arredor da resolución 2758 de Nacións Unidas, que en outubro de 1971 recoñeceu á República Popular China como a única representante lexítima de China ante o organismo.

Pequín sostén que a dita resolución tamén apoia a súa soberanía sobre Taiwán, unha interpretación que Taipei considera unha distorsión do texto orixinal co propósito de fabricar unha suposta base legal que xustifique unha futura agresión armada contra o seu territorio.

Ademais, o Goberno chinés redobrou esta semana as súas críticas contra Lai, acusándoo de levar a illa cara a unha perigosa situación de conflito bélico e de enganar o pobo taiwanés e a opinión pública internacional.

O portavoz da Oficina de Asuntos de Taiwán do Consello de Estado (Executivo chinés), Chen Binhua, advirte: "Temos a vontade firme, a determinación resolta e a poderosa capacidade para esmagar todo acto separatista de independencia de Taiwan e toda inxerencia externa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade