Swedberg, listo para reaparecer ante o Alavés
En Mendizorroza tamén poderá reaparecer o lateral dereito Javi Rueda
Foto Celta
O extremo sueco Williot Swedberg, de baixa desde o pasado 14 de outubro tras sufrir unha escordadura no nocello esquerdo durante un partido coa selección sub-21 do seu país, estará á disposición de Claudio Giráldez para o partido deste sábado contra o Deportivo Alavés.
En Mendizorroza, ademais, poderá reaparecer o lateral dereito Javi Rueda, xa recuperado da rotura de grao I que sufriu no recto anterior da coxa esquerda durante o encontro disputado o pasado 23 de outubro ante o Niza, correspondente á terceira xornada da Liga Europa.
Cos que aínda non poderá contar o adestrador do Celta son co extremo Hugo Álvarez e o central Carlos Domínguez, que seguen exercitándose á marxe dos seus compañeiros por mor dunha escordadura de nocello.