Publicador de contidos

Publicador de contidos

Susto nun edificio do Milladoiro: en tres horas, dous incendios intencionados nun garaxe

Susto nun edificio do Milladoiro: en tres horas, dous incendios intencionados nun garaxe

A Garda Civil investiga o ocorrido e os veciños estudan reforzar a seguridade

A moto onde se orixinou o primeiro incendio quedou calcinada
G24.gal 08/03/2023 13:06

A Garda Civil investiga dous incendios que se rexistraron, cunha diferenza de tres horas, na mesma noite no garaxe dun edificio do Milladoiro. Unha moto quedou calcinada e outra quedou seriamente danada.

Todos os indicios apuntan a que foron intencionados. Ante o temor de que se repitan, os veciños xa estudan reforzar as medidas de seguridade.

O edificio en que se produciu o incendio ten 214 vivendas e 4 andares de garaxe. Foi no segundo soto onde pasada a medianoite do luns se declarou o primeiro incendio.

Efectivos do GES de Brión e os bombeiros de Boiro sufocaron as lapas. Pero co susto aínda no corpo, tres horas despois repetiuse a escena no primeiro andar do garaxe.

Todos os indicios apuntan a que os incendios foron intencionados, o que suscitou preocupación entre os residentes. Cren que as concecuencias puideron ser tráxicas se as lapas se propagasen aos coches.

A comunidade de propietarios xa estuda reforzar as medidas de seguridade. A Garda Civil do Milladoiro investiga os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos