Cargando resultados...
Susto en Vigo ao caer un muro sobre unha estrada, que quedou cortada ao tráfico
A forte chuvia caída nas últimas horas poder estar detrás do derrubamento
G24.gal
24/11/2022 13:12
Os veciños da Subida da Costa, no barrio vigués de Castrelos, espertaron hoxe cun forte estrondo, polo derrubamento dun muro a primeira hora da mañá.
Sucedeu nunha zona de vivendas. Por sorte, non quedou ninguén ferido, aínda que o condutor dun coche salvouse in extremis. O desprendemento de terra e pedras si que obrigou a cortar o tráfico na rúa.
A forte chuvia caída nas últimas horas poder estar detrás do derrubamento. Con todo, os veciños aseguran que levan tempo alertando do estado de abandono na zona.