Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspendidos os voos á Palma, Tenerife e A Gomera

Suspendidos os voos á Palma, Tenerife e A Gomera

A mala calidade do aire obriga a suspender as clases presenciais

A lava cobre xa case 990 hectáreas

 

A nube de cinsa cobre o ceo da Palma A nube de cinsa cobre o ceo da Palma
ana lois 02/11/2021 19:49

As cinzas que emite o Cumbre Vieja forman xa unha nube practicamente impenetrable, unha nube altamente perigosa para os avións que intenten atravesar o espazo aéreo da Illa. 

As compañías que viaxaban á Palma suspenderon a súa actividade na zona ata que mellore a situación. 

Tamén se suspenderon voos á Gomera e a Tenerife. E os ventos que sopran no arquipélago poderían afectar nas vindeiras horas á actividade do aeroporto do Hierro. 

A cinza tamén é prexudicial para a saúde dos palmeiros. As autoridades recomendan que nenos e maiores permanezan nas súas casas debido á mala calidade do aire. 

Así que as clases presenciais seguen suspendidas polo momento en cinco concellos da Illa.
Tamén se recomenda limitar os desprazamentos en coche.

O volcán segue expulsando ademais unha enorme cantidade de lava. Numerosas coadas avanzan sobre outras xa existentes. Nalgúns casos caen coma fervenzas no interior de tubos lávicos e avanzan baixo terra como ríos subterráneos de lume.

Noutros casos, estes tubos lávicos énchense e rebordan formando coadas novas. Unha delas ameazaba nas últimas horas a estrada que vai cara Puerto Naos. Por sorte. Este martes freou o seu avance.

"A coada grazas a Deus está totalmente parada. Está de feito arrefriando, non sae tanta calor. E  se segue así esa estrada tan importante que vai cara Puerto Naos estará a salvo", di Pedro Hernández, de Involcán.

A lava cobre xa case 990 hectáreas de superficie. E só este martes destruiu 39 edificios. 

Ademais nas últimas horas A Palma rexistrou máis de medio cento de terremotos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade