Sumar, a plataforma de Yolanda Díaz, preséntase este venres en Madrid
Na presentación só estarán as caras menos visibles dos distintos partidos da esquerda
"Sumar, participar e colaborar" son algunhas das palabras de Yolanda Díaz no vídeo de invitación á presentación da súa nova marca. Mirando á cámara, Díaz anima a participar a todo o mundo.
Malia a petición expresa de Yolanda Díaz ós líderes políticos de Podemos e doutras formacións da esquerda para que non asistan a presentación do seu proxecto, Pablo Iglesias téndelle a man e afirma que acudiría ao acto se Díaz o necesitara.
A secretaria xeral dos morados Ione Belarra e outros membros do partido, entre eles Irene Montero, confirmaron que non irán porque se lles pediu que non o fixeran.
O círculo de Yolanda Díaz matiza as palabras. Di que non é o momento dos líderes mediáticos, senón dos colectivos sociais.
Na presentación só estarán as caras menos visibles dos distintos partidos da esquerda. A secretaria xeral dos morados, Ione Belarra, e outros membros do partido, como Irene Montero, confirmaron que non irán porque se lles pediu que non o fixeran.
Coa presentación da plataforma Díaz tamén inicia un proceso de alianzas coas que terá que contar para levar a cabo o seu proxecto. Polo momento só conta co apoio explícito de Esquerda Unida e Ada Colau.
Yolanda Díaz realizará unha xira por España coa nova plataforma no que chama un proceso de escoita que se alongará ata finais de ano. O obxectivo é construír unha candidatura ampla que redefina e mobilice a esquerda coa vista posta nas próximas eleccións xerais.
No partido popular sorprende o nome co que Yolanda Díaz denomina a súa plataforma nun momento no que a esquerda está dividida.