Cargando resultados...
Sufocan os últimos rescoldos do incendio no Porriño
Os propietarios da empresa lamentan que non houbese unha toma de auga próxima
G24.gal
21/04/2022 13:06
Restan dous días de traballo para aplacar os últimos rescoldos do virulento lume que arrasou esta empresa de distribución de maquinaria do Porriño. O lume estendeuse axiña pola presenza de aceites, máis de 5.000 metros de mangueira, e pola acción do vento do norte.
Malia a rápida actuación dos bombeiros e a activación do Plan Territorial de Emerxencias no nivel un, os propietarios da nave botaron en falta unha toma de auga nas proximidades, algo que favorecería a extinción.
Na extinción participaron tamén os bombeiros de Vigo, O Morrazo, Ribadumia, os GES de Ponteareas e Mos ademais de medios da propia Axencia Galega de Emerxencias. Non houbo danos persoais.