Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stolt Sea Farm envasará en Rianxo o peixe que produce en todas as súas granxas de Europa

Stolt Sea Farm envasará en Rianxo o peixe que produce en todas as súas granxas de Europa

Prevén que a fábrica estea en funcionamento no 2028 e que creará arredor de 170 empregos directos

O presidente da Xunta e o da empresa norueguesa participaron na colocación da primeira pedra da planta
G24.gal 23/10/2025 16:46 Última actualización 23/10/2025 17:49

A multinacional norueguesa de acuicultura Stolt Sea Farm acaba de comezar as obras para a construción en Rianxo dunha planta para envasar o peixe que producen as 14 granxas que teñen en Europa. Prevén que a fábrica estea en funcionamento no 2028 e que creará arredor de 170 empregos directos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o da empresa, Jordi Trias, participaron este xoves na colocación da primeira pedra da planta onde compañía vai cortar e envasar cada ano 14.000 toneladas de linguado e rodaballo que producen nas 14 granxas que teñen en Francia, Islandia, Noruega e Galicia, que suma sete.

"Será unha instalación de última xeración deseñada para garantirlles aos nosos consumidores de todo o mundo os produtos de máis alta calidade", afirmou Jordi Trias.

Investirán 45 millóns de euros neste proxecto, que xa está en marcha grazas a que a Xunta o declarou proxecto industrial estratéxico para poder axilizar os trámites da instalación. Alfonso Rueda compromete o apoio a investimentos coma este, polo que compiten, dixo, moitos territorios, sempre que cumpran todos os requisitos.

"Sen desbotar o que facemos tradicionalmente mellor ca ninguén (en referencia á pesca), apostar por estes novos enfoques da riqueza que dá o mar é absolutamente fundamental. Contade co noso apoio sempre que sigades facendo as cousas ben", asegurou Alfonso Rueda.  

Stolt Sea Farm prevé que a primeira fase da nave estea en funcionamento en xaneiro do 2028 e que, unha vez completa, xere 170 empregos directos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade