Publicador de contidos

Publicador de contidos

Solange Pereira "Levar a vitoria na terriña é un orgullo"

Solange Pereira "Levar a vitoria na terriña é un orgullo"

A vencedora dos 3000 metros atendeu ao Galicia en Goles nada máis rematar a carreira

G24.gal 26/02/2022 21:41

Naceu no norte de Portugal. Viviu máis dunha década en Cangas e competiu con licencia da Federación Galega. Hai un par de temporadas que marchaba a Madrid e non hai moito regresaba a Pontevedra. Así que gañar aquí segue sendo especial. Solange Pereira foi a gran domiñadora da proba de 3000 metros onde se destapou a lucense Xela Martínez. Solange falou coa Radio Galega.

"Tiña claro o que tiña que facer. Todo saíu ben e gañar na terriña para min é un pracer e un orgullo. Sabía que tiña que mirar os pés e as costas das rivais e chegar ao final para poder atacar ao final. Tiña bastante clara a estratexia"

 

Pola súa banda a lucense Xela Martínez, de tan só 16 anos, disputou a súa primeira final un día despois de pulverizar as marcas nacionais sb18 e sub 20.

"Paseino moi ben. As pernas non foron como gustaría,  sufrín, non estou acostumada a correr dous días seguidos. Pero non pediría máis, paseino ben e quédome coa lembranza"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade