Soben os ingresados en UCI na área sanitaria de Vigo
Os últimos datos falan de 1.325 casos activos nesta área sanitaria, a máis alta de toda Galicia
Soben os ingresados en UCI. Baixan a 20 as hospitalizacións pero soben a seis os ingresados na UCI
O punto móbil instalado no Naútico de Vigo está levando a cabo cribados poboacionais pero tamén poden achegarse ata aquí persoas sen cita
Na área sanitaria de Vigo baixa o número de hospitalizados en planta, 20, pero soben os ingresados en UCI a seis. Unha mala nova á que hai que sumar novamente a suba de infectados. Esta área ten xa 1.325 casos activos.
Datos que comezan a preocupar a poboación que, tanto con cita coma sen ela, acoden a este punto móbil de realización de probas PCR para confirmar que non teñen a enfermidade.
" Achéganse familias con nenos pequenos que teñen contactos nas garderías e nas escolas. Tamén contactos directos con positivos en familias que están pasando aquí uns días de vacacións"
É xunto coas medidas de precaución e coa vacinación a maneira de gañarlle terreo o virus. Hoxe aquí hai citadas unhas 800 persoas que forman parte dun cribado poboacional. Onte só foron a metade dos chamados. O tramo de idade é o comprendido entre os 40 e 50 anos segundo nos di o enfermeiro deste covid-auto, Alejandro Molina.
Polo que sei é o tramo de idade onde hai máis xente non vacinada de maneira voluntaria.
Este punto móbil permanecerá aberto nesta zona do Naútico en Vigo todos os días da semana en horario de mañá e tarde de luns a venres, e só de mañá nas fins de semana para facer probas PCR gratuítas á poboación. Poden achegarse ata aquí incluso sen cita previa.