Cargando resultados...
Sorpresas, maletas con agasallos e volta á rutina marcan a xornada de reis no aeroporto de Santiago
Entre o venres 19 de decembro e o mércores 7 de xaneiro os tres aeroportos de Galicia operarán un total de 1.696 voos
G24.gal
06/01/2026 13:44
Aínda que con menos actividade que o ano pasado, un 23 % menos, no aeroporto de Santiago a de reis é unha xornada de trasfega porque marca para a maioría a fin das vacacións e a volta a rutina. Pero tamén hai quen hoxe mesmo inicia unhas novas vacacións.
En España, máis de cen mil voos neste período de Nadal achegaron a moitas persoas onde os seus seres queridos. Entre o venres 19 de decembro e o mércores 7 de xaneiro os tres aeroportos de Galicia operarán un total de 1.696 voos. Un ano atrás, foran 1.888 para todo este mesmo período.