Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia impulsa unha nova lei de igualdade co foco posto no benestar laboral

Galicia impulsa unha nova lei de igualdade co foco posto no benestar laboral

Entre as medidas aprobadas este xoves está a ampliación do bono do alugueiro social 

G24.gal 19/05/2023 12:28 Última actualización 19/05/2023 14:42

Galicia conta cunha lei propia de igualdade dende hai dúas décadas, pero agora a norma vai ir máis alá para adaptarse ás novas realidades, recoller todas as sensibilidades e incluír aspectos recomendados nos convenios internacionais.

A nova lei para a igualdade efectiva entre mulleres e homes quere impulsar un cambio de mentalidade empresarial, tanto nas grandes corporacións como nas pemes, para facilitar a conciliación e o teletraballo.

Amais a norma impulsa o estatuto da muller traballadora no rural e o mar. Tamén identifica formas múltiples de discriminación por etnia, idade ou discapacidade, e reforza a protección das mulleres no ámbito dixital.

A norma tamén reforza a protección das mulleres no ámbito dixital, e identifica formas múltiples de discriminación por etnia, idade ou discapacidade. 

A conselleira de Emprego e Igualdade destacou as achegas que fixeron medio cento de entidades a esta lei transversal, que agora inicia o seu trámite parlamentario.

Ampliación do bono de alugueiro 

O Consello da Xunta aproba a "ampliacion do bono de alugueiro cunha partida de 2,8 millóns de euros para chegar aos 18,6 millóns en 2026 dedicados a esta finalidade".

Axudas para melloras das instalacións deportivas

O Consello da Xunta tamén aprobou axudas de 1,3 millóns de euros para que as entidades deportivas poidan facer obras de mellora nas instalacións e unha liña similar para os concellos de 6,6 millóns de euros.

Axudas do Fondo de Transición Xusta

Tamén aprobaron un acordo que ten que ver coa autorización das primeiras axudas do Fondo de Transición Xusta para A Coruña con 112 millóns de euros para unha serie de actuacións.

Proxecto da lei do patrimonio 

Deuse conta da proposta de Facenda arredor do proxecto da lei do patrimonio que vai establecer o réxime xurídico dos bens e dereitos que son titularidade da Administración galega.

Nova demora dos trens Avril

Ao remate do Consello da Xunta, Alfonso Rueda falou da nova demora na chegada dos trens que completarán a alta velocidade en Galicia. Recorda que os Avril tiñan que estar en servizo o verán pasado e pídelle seriedade e respecto ao Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade