Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete afectados por un gromo da covid no Hospital Provincial de Pontevedra

Sete afectados por un gromo da covid no Hospital Provincial de Pontevedra

Os afectados son cinco facultativos e dous pacientes ingresados en Medicina Interna 

O Sergas investiga a orixe do gromo, pero pensa que se trata dun feito multifactorial

G24.gal 09/12/2021 17:52

Hai sete persoas afectadas por un gromo da covid-19 rexistrado no Hospital Provincial de Pontevedra.

Os afectados son cinco facultativos e dous pacientes que estaban ingresados na área de Medicina Interna deste centro hospitalario.

O Servizo Galego de Saúde xa está investigando a orixe destes contaxios, aínda que pensan que se trata dun gromo multifactorial, ao non estar asociado a unha única circunstancia.

Unha das hipóteses principais que están rastrexando é que o virus puido chegar ao interior do hospital a través das visitas que recibiron os pacientes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos