Sergio Barcia: “Despois do partido, non durmín case nada”
Sergio Barcia: “Despois do partido, non durmín case nada”
O canteirán do Celta foi titular co Granada na visita do equipo vigués: “Meus pais viñeron verme e miña nai chorou a moco tendido”
Sergio Barcia, vigués e canteirán do Celta, pasou pola Zona mixta da Radio Galega para relatarnos o que viviu nos Cármenes no encontro dos celestes co Granada. Barcia, de 21 anos, xogou o seu segundo partido en Primeira División e, malia empezar con algo de nervios, foise asentando e disputou 76 minutos.
Benvidos á Primeira: ritmo, controis, pases perfectos, rapidez
“En Primeira o ritmo é brutal, devastador. Nos primeiros minutos custoume un pouco, miras atrás e ves a Mina bastante lonxe e cando controlas o balón xa o tes enriba”
“Dende dentro ves que o ritmo do balón é moito máis alto e que é moi difícil que fallen un pase ou un control, aí é onde notas a calidade da Liga”
Desvelado
“A noite de despois custoume durmir pola tensión do partido, non durmín case nada, tiña o lombo rebentado”
Nai emocionada
“Avisei os meus pais que estaba convocado e colleron o coche e viñeron dende Vigo con dous amigos”
O Celta, na lembranza
“Non lle gardo rancor ao Celta, se son o xogador que son en gran parte é grazas ao Celta”
