Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen máscara nos patios dos colexios en Madrid

Sen máscara nos patios dos colexios en Madrid

O Consello Interterritorial prevé revisar esta semana o uso das máscaras nos recreos

Asociacións de nais e pais piden que a flexibilización se acompañe dunha revisión de protocolos

G24.gal 25/10/2021 08:51

O Consello Interterritorial prevé revisar esta semana o uso das máscaras nos recreos. A análise chega coincidindo coa entrada en vigor dunha nova orde publicada en Madrid: dende hoxe, alí, nos centros educativos de todos os niveis, non será obrigatoria a máscara ao aire libre, sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal. Asociacións de nais e pais piden que a flexibilización se acompañe dunha revisión de protocolos.

No estado, o grupo de alertas estuda a situación dos contaxios de covid-19 nos centros educativos para que o Ministerio e mais as comunidades autónomas avalíen as normas nestes espazos. Segundo os últimos datos, Euskadi, Navarra, Baleares e Aragón son as autonomías con máis incidencia do virus entre os nenos. 

A maioría das comunidades autónomas manteñen a obriga da máscara nos recreos ao aire libre, aínda que algunhas permiten quitala nalgúns supostos. Asturias deixa retirala se se respecta a distancia interpersoal de metro e medio.

En Euskadi poden ir sen ela os alumnos de secundaria, mantendo a distancia, para comer e para facer exercicio intenso. E en Cataluña, non hai que poñela no patio se non se mesturan alumnos de diferentes grupos burbulla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos