Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis partidos de sanción para Rudiger mentres Bellingham queda sen castigo

Seis partidos de sanción para Rudiger mentres Bellingham queda sen castigo

O galego Lucas Vázquez foi suspendido por dous partidos que cumprirá na vindeira edición da Copa

G24.gal 29/04/2025 21:28

O xuíz disciplinario único da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) sancionou con seis partidos ao defensa alemán do Real Madrid Antonio Rudiger por "producirse con violencia leve cara os árbitros" na final da Copa do Rei. Rugider non poderá xogar a vindeira fin de semana diante do Celta ao ser unha sanción maior de catro partido. O seu compañeiro, o galego de Curtis Lucas Vázquez, recibiu dous encontros de suspensión polas súas protestas ao remate do partido copeiro contra o Barcelona. 

O inglés Jude Bellingham, terceiro expulsado do Real Madrid na final de Copa unha vez rematada a prórroga, non recibiu sanción algunha e retiróuselle o cartón vermello ao prosperar o recurso da alegación cos vídeos presentados polo club branco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade