Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis comunidades autónomas en situación de alerta laranxa polo mal tempo

Seis comunidades autónomas en situación de alerta laranxa polo mal tempo

A neve está ocasionando moitos problemas de circulación en Navarra

A autovía A-15, no seu tramo guipuscoano, estivo cortada varias horas
G24.gal 02/04/2022 21:09

A neve caída en Navarra obrigou a pechar durante unhas horas a autovía do Leitzaran, a A-15, no tramo guipuscoano. O traballo das quitaneves permitiu recuperar a normalidade na autovía e no resto das estradas principais navarras, aínda que tres portos da rede secundaria seguen pechados e en seis estradas hai que poñer as cadeas para circular. 

A neve, motivo de diversión para moitos nenos e maiores, tamén complica a situación no Pireneo aragonés, onde hai varios tramos nos que hai que empregar cadeas e algúns nos que está prohibida a circulación de autobuses e camións.

En Cataluña, Valencia e as Baleares o perigo son os fortes ventos

Amais de Navarra e Aragón, tamén están en alerta laranxa por neve no País Vasco e Cantabria, mentres que en Cataluña, Valencia e as Baleares a alerta vén motivada polos fortes ventos.
En xeral, as temperaturas baixaron bastante e provocaron xeadas en lugares como Cuenca, Alacant ou amplas zonas do norte peninsular, onde o sol convive co frío.

O mal tempo seguirá este domingo, con temperaturas moi baixas

A previsión meteorolóxica para mañá segue falando de temperaturas moi baixas para estas datas, con neve en puntos de case todas as comunidades e chuvias e ventos fortes no norte, nas Canarias e no Estreito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade