Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segunda visita da UCO á sede socialista de Ferraz en menos dun ano

Segunda visita da UCO á sede socialista de Ferraz en menos dun ano

En xuño de 2025 os axentes clonaron o correo de Santos Cerdán

En 1992, cando a unidade aínda non estaba operativa, houbo outro rexistro polo caso Filesa

G24.gal 27/05/2026 13:53

O 20 de xuño de 2025, cando a Unidade Central Operativa da Garda Civil se presentou na sede do PSOE en Madrid cun requerimento de información emitido polo maxistrado Leopoldo Puente do Tribunal Supremo.

Naquela oportunidade os axentes clonaron o correo electrónico do ex secretario de organización dos socialistas, Santos Cerdán, investigado na trama que salpicaba tamén o ex ministro de Transportes, José Luis Ábalos, e o seu asesor, Koldo García. Foi a primeira vez que a UCO accedeu formalmente ás instalacións da rúa Ferraz, poucos días despois do cesamento de Cerdán, sinalado nun informe polo presunto cobro de comisións irregulares por valor de entre 5 e 7 millóns de euros.

Aquel día tamén foi rexistrada a sede do ministerio que Ábalos encabezou entre 2018 e 2021, así como a Dirección Xeral de Estradas e Adif, en busca de expedientes e contratos de obra pública que estaban baixo sospeita.

A de hoxe é polo tanto a segunda visita da UCO a Ferraz pero a terceira vez que se rexistra a sede do PSOE. En 1992, cando a unidade aínda non estaba operativa, un grupo de funcionarios xudiciais acompañados de axentes da Garda Civil acodiron ao cuartel xeral socialista por orde doutro xuiz do Supremo, Marino Barbero, que daquela investigaba o caso Filesa, en que o PSOE acabou condenado por financiación irregular das campañas electorais do ano 1989.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade