Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue o descenso das hospitalizacións pola covid en Galicia

Segue o descenso das hospitalizacións pola covid en Galicia

Quedan 15 pacientes coa covid en coidados intensivos

A incidencia acumulada a 15 días en maiores de 60 anos tamén descende

Quedan 15 pacientes coa covid nas UCI
G24.gal 11/06/2022 13:10 Última actualización 11/06/2022 13:22

A cifra de hospitalizacións de pacientes coa covid segue descendendo en Galicia, con 409 persoas ingresadas, 15 delas críticas. O número de pacientes con infección activa mantense por enriba dos 9.000.

Volven descender de 400 os hospitalizados en planta. Vigo, con 90 pacientes nas unidades convencionais, é a área que máis rexistra seguida da Coruña, con 81. Por segundo día consecutivo a cifra de pacientes críticos mantense en 15. As UCI de Pontevedra son as que maior presión soportan, con 5 ingresados mentres que Ferrol non ten neste momento ningún contaxiado en coidados intensivos. Estes datos significan que a porcentaxe de camas ocupadas por pacientes coa covid en planta está por debaixo do 5% e nas UCI por debaixo do 2%.

O número de pacientes con infección activa que notifican o seu contaxio ou que entran dentro da poboación de risco con seguimento médico é de 9.437, a máis alta no que levamos de xuño.  A incidencia acumulada nos últimos 14 días en maiores de 60 anos tamén descende aos 692 casos por cada 100.000 habitantes desta idade. Estamos aínda por enriba da media do estado, que está en 578, segundo o informe do Ministerio de Sanidade deste venres.

Este sábado notificáronse dúas mortes en Vigo e Ferrol. No que vai de mes faleceron 37 persoas infectadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar