Seguimento "masivo" da folga do metal en Lugo segundo os sindicatos
Seguimento "masivo" da folga do metal en Lugo segundo os sindicatos
Os convocantes aseguran que todas as empresas do sector están pechadas
Os sindicatos cualifican como “masivo” o seguimento da folga convocada no sector do metal na provincia de Lugo.
Protestan polo “estancamento” na negociación do convenio colectivo.
“Todas as empresas están pechadas. Atopas algún traballador do departamento administrativo, pero a actividade está paralizada”, dixo o responsable de Industria da CIG en Lugo, Alfonso Losada, quen tamén destacou a ausencia total de incidentes.
Protestan polo “estancamento” na negociación do convenio colectivo.
“A situación non cambiou. Estamos igual”, dixo Losada, quen recoñeceu que “non houbo máis contactos coa patronal”.
Por tanto, precisou, mantense “a folla de ruta” marcada polos sindicatos maioritarios, con cinco novas xornadas de folga na provincia de Lugo, para os días 31 de maio, 2 de xuño, e o 6, 7 e 8 de xuño.