Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago celebra o día grande da Ascensión

Santiago celebra o día grande da Ascensión

O tempo acompaña, para ledicia de maiores e pequenos, nunha das citas máis agardadas ano tras ano

G24.gal 09/05/2024 14:55

Hoxe é o día grande da Ascensión en Santiago, un fervedoiro de xente que se dá cita na zona vella e na Alameda para gozar da festa. 

Hai actividades para todos os públicos. O tempo acompaña para ledicia de maiores e pequenos nunha das citas máis agardadas ano tras ano. O desfile dos cabezudos pola zona vella.

A festa segue na Alameda, punto de encontro por distintos motivos. Gozar das atraccións ou comer o polbo, outro indispensable do día. A Ascensión ten as súas tradicións, que pasan de pais a fillos. E sorprenden a visitantes.

Outra cita tradicional este día é a feira cabalar no de recinto de Amio. Cos cabalos de pura raza galega como protagonistas. Hai exhibicións, concursos e espectáculos de doma.

E, como non as actuacións musicais nas prazas. Bandas de música, folclore e concertos que lle toman o relevo á orquestra Panorama, que onte encheu o Obradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar