Cargando resultados...
Santiago acolleu unha oración ecuménica pola paz en Ucraína
Cristiáns ucraínos en Galicia rezaron con membros de diferentes confesións cristiás

G24.gal
03/03/2022 20:09
A igrexa de Santa Susana, en Santiago, quedou pequena. Alí celebrouse unha oración ecuménica pola paz, atendendo ás peticións do Papa de rezar polos que están a sufrir esta guerra.
Participaron do encontro cristiáns ucraínos en Galicia xunto a membros de distintas confesións critiás, coma católicos, ortodoxos, evanxélicos e anglicanos. Todos eles, unidos pola petición de paz.