Cargando resultados...
Santi Mina acepta fichar polo Al Shabab de Arabia
A súa saída só está pendente da tramitación do visado

G24.gal
17/08/2022 16:38
Última actualización 17/08/2022 16:43
O Celta e o Al Shabab teñen xa o visto e prace de Santi Mina para formalizar a súa saída a préstamo ao conxunto árabe a próxima tempada. Tras un período de reflexión, o dianteiro aceptou as condicións que lle ofrece o equipo que dirixe Vicente Moreno.
O acordo entre clubs estaba xa selado previamente, co que a marcha do dianteiro vigués é só é cuestión de tempo. Mina está pendente da tramitación do seu visado para poder viaxar ao país saudita e de que o Celta lle abone as cantidades que lle debe tras suspendelo de emprego e soldo unha vez coñecida a sentenza que o condenou, en primeira instancia, a catro anos de prisión por un delito de abuso sexual.