Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade reactiva o plan antitabaco para ampliar as zonas libres de fume

Sanidade reactiva o plan antitabaco para ampliar as zonas libres de fume

O ministerio tamén propón unha suba de prezos nun borrador que levará este xoves á Comisión de Saúde Pública

G24.gal 12/03/2024 14:31 Última actualización 12/03/2024 14:38

Prohibirase fumar nas terrazas? O plan antitabaco, que levaba dous anos aparcado, foi reactivado coa idea de ampliar as zonas libres de fume, pero sen especificar polo momento cales. O Ministerio de Sanidade leva o borrador este xoves á Comisión de Saúde Pública, no que tamén se inclúe unha suba de prezo.

Os hostaleiros temen novos cambios na lexislación. Ampliar os espazos sen fume e aumentar os tipos impositivos do tabaco son outras medidas incluídas no plan. O obxectivo de Sanidade é fomentar o abandono do hábito do tabaco.

O plan fai tamén fincapé na concienciación para non fumar nin en espazos privados diante de nenos nin de persoas con problemas de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade