Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade pide extremar a precaución ante o aumento de hospitalizacións pola covid-19

Sanidade pide extremar a precaución ante o aumento de hospitalizacións pola covid-19

Comesaña pide que os que non puxeron a dose de reforzo o fagan 

G24.gal 05/07/2022 13:22

 O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña chama a "extremar as precaucións" ante a repunta de casos de covid-19 en Galicia, que rozan as 14.800 infeccións activas e superan os 830 hospitalizados por este coronavirus, á vez que pide que os que non se vacinaron o fagan.  

Así o manifestou no marco dunha conferencia de prensa este martes para abordar a situación da atención primaria pola falta de médicos, na que agradeceu e recoñeceu de novo o "esforzo" do persoal deste nivel asistencial, tanto en centros de saúde como en Puntos de Atención Continuada (PAC) e nos hospitais, no "contexto de vacacións" e con "falta de substitutos".  

Tras "agradecer o esforzo" dos profesionais do Sergas, pediu á poboación que "extreme as precaucións" tras "unhas semanas de relaxación" que "xera o que xera", comentou en relación ao incremento de casos activos e hospitalizados.  

O número total de contaxiados tamén sobe ata os 14.700, con 1.500 positivos novos. Ademais, Saúde Pública notificou a morte de dezaoito persoas entre o venres e o domingo.

Comesaña pediu "ese esforzo aos cidadáns" e incidiu na "conveniencia de poñer as vacinas", para "animar" a quen non recibiu a terceira dose de reforzo a acudir a poñela nos puntos de vacinación habilitados.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade