Sanidade baralla eliminar a máscara en interiores para Semana Santa
Pase o que pase, todo apunta a que haberá que seguir poñéndoa no transporte público, nos hospitais e nos centros sociosanitarios
Despois de dous anos de restricións, hai unha que segue en España: non se pode entrar en lugares públicos pechados nin en establecementos comerciais sen máscara.
Os expertos do Ministerio de Sanidade e das consellerías das diferentes comunidades autónomas estudan se eliminar ou non a obrigatoriedade de poñer a máscara nos interiores antes dos festivos de Semana Santa.
Na maioría dos países europeos xa se pode estar en espazos pechados sen máscara e moitos inmunólogos creen que é unha medida oportuna que debe tomarse xa en España tamén.
Outros expertos avogan por esperar a que baixe a incidencia acumulada, que está en preto de 500 casos por 100.000 habitantes. Malia que si quitasen xa esta obriga, todo apunta a que haberá que seguir poñéndoa no transporte público, nos hospitais e outros centros sociosanitarios.
O vindeiro mércores, no Consello Interterritorial de Saúde en Toledo, está previsto que tomen unha decisión. Sexa antes ou despois de Semana Santa, o que si é seguro é que, segundo dixo a ministra de Sanidade, xa queda menos.