Cargando resultados...
Sanidade engade cinco comunidades ao rexistro obrigatorio de viaxeiros
Os procedentes de Castela e León, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia e Navarra teñen que comunicar a súa chegada a Galicia
G24.gal
02/11/2021 17:23
Os que cheguen a Galicia dende Castela e León, Madrid, Valencia, Murcia e Navarra terán que notificar desde hoxe a súa chegada inscribíndose no rexistro de viaxeiros. Teñen un prazo de 24 horas para facelo.
Estas comunidades súmanse a Aragón, as Baleares, Cataluña e o País Vasco, que xa estaban na listaxe. Tamén terán que notificar a súa chegada todos os viaxeiros procedentes doutros países europeos agás Malta.
En dúas semanas volverase a actualizar a listaxe.