Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade di que o caso de Toledo non é cólera, aínda que está causado pola mesma bacteria

Sanidade di que o caso de Toledo non é cólera, aínda que está causado pola mesma bacteria

A menor infectada xa saíu do hospital e a parcela onde bebeu auga está precintada

Os expertos din que o risco de que se produza un gromo de cólera en España é practicamente nulo

G24.gal 22/06/2022 20:29

O Instituto Carlos III foi quen alertou as autoridades de Castela-A Mancha. Unha menor ingresada en Madrid daba positivo en cólera e aseguraba que se puxera mal despois de beber auga nunha parcela en Toledo.

As autoridades sanitarias recolleron mostras e o laboratorio confirmou a presenza da bacteria vibro chollerae, pero sen a enterotoxina que causa a temida enfermidade. Sanidade di que non se pode considerar un caso de cólera. A rapaza xa saíu do hospital e a parcela foi clausurada.

Os expertos din que o risco de que se produza un gromo de cólera en España é practicamente nulo.

Adoita estar relacionado coa falta de tratamento das augas como o que causou centos de mortos en Serra Leoa en 2017. Ou os andazos en Haití pola destrución de infraestruturas de saneamento tras os últimos sismos.  

En España non hai andazos de cólera desde os tres detectados durante a década dos setenta, un deles en 1975 en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar