Sangue, suor e bágoas (de ledicia) obradoiristas no Galicia en Goles
Técnico, xogadores, presidente e afección do conxunto santiagués valoraron o gran triunfo en Burgos

Chegaba tan necesitado o Obradoiro a Burgos que a vitoria dos composteláns provocou ata bágoas nalgún afeccionado desprazado á capital castelá. Así o recolleu a Radio Galega no micrófono de Alfonso Pardo, que estivo ao remate do partido recollendo as sensacións de tódolos protagonistas. Por unha banda falou co adestrador Moncho Fernández, que ata tiña a camisa manchada de sangue dalgún xogador.
"Sangue, suor e bágoas. Estou ledo porque trala derrota en Zaragoza o equipo amosou que tiña gañas de vencer. Demos xa dende o principio un puño na mesa e dicir que viñamos a gañar. Iso deunos moral para o resto do encontro. Tivemos fe e templanza"
Logo, xa no autobús do conxunto santiagués, pasaron pola Radio Galega o presidente Raúl López e os xogadores Zurbriggen, Álvaro Muñoz e Edgar Vicedo, así como varios afeccionados que presenciaron o encontro.