Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez propón un cara a cara semanal con Feijóo ata o 23X; o PP fala de "excentricidade"

Sánchez propón un cara a cara semanal con Feijóo ata o 23X; o PP fala de "excentricidade"

Destas eleccións só poden saír "dous presidentes posibles: ou Sánchez ou Feijóo", di o presidente do Goberno 

O Partido Popular di que "a ansiedade do presidente non vai marcar a axenda"

Yolanda Díaz cre que eses debates están "fóra da realidade" e representan o bipartidismo

G24.gal 05/06/2023 11:15 Última actualización 05/06/2023 15:13

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, propuxo hoxe formalmente ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, celebrar un debate cara a cara cada luns nos medios de comunicación nas sete semanas que restan ata as eleccións do próximo 23 de xullo.

"Espero a Feijóo o vindeiro luns", afirmou Sánchez durante a súa intervención nunha xornada sobre fondos europeos organizada polo Eldiario.es, onde defendeu este formato debido a que os debates no Parlamento non son xa posibles.

Afirmou ademais que os debates deben ser entre el e o líder do PP porque, aínda que se poden agregar outros matices, destas eleccións só poden saír "dous presidentes posibles: ou Sánchez ou Feijóo".

Sánchez asegurou que quere que sexan as eleccións dos debates democráticos e sinalou que quedan sete semanas ata as eleccións xerais. "Hai tempo dabondo para que os cidadáns formen opinión do que cada un propón", exclamou.  

Tamén explicou que recibiu catro ofertas de catro medios de comunicación para realizar estes debates, sinalando que as acepta todas e ábrese ao resto de medios. Expón que os debates se fagan en programas de maior audiencia ou creando un espazo especial para ese debate.  

Sobre as normas para levalo a cabo, expón que a moderación sexa neutral, haxa equilibrio de tempos e regras de respecto

O Partido Popular cualifica a proposta como "unha excentricidade"

O voceiro de campaña do Partido Popular, Borja Semper, cualificou de "excentricidade" a proposta do presidente do Goberno Deixou claro que a "ansiedade" do presidente non vai marcar a axenda dos populares.  

Segundo asegurou Semper en conferencia de prensa, Pedro Sánchez "está máis cómodo nun estudio" de televisión que na rúa e deixou claro que o PP non se vai deixar "marcar a axenda pola ansiedade de Pedro Sánchez".  

"España non necesita sete cara a cara; quen os necesita é Sánchez", afirmou Sémper. "Feijóo é capaz de afrontar calquera debate (...) contra un, contra sete; fíxoo no pasado e farao no futuro", sinalou.

Asegura que haberá debates pero non sumido na "excentricidade" de Pedro Sánchez. "Non descartamos nada", dixo á vez que sinalou que estudarán as propostas que vaian chegando e tomarán as decisións oportunas.

Díaz cre que os cara a cara Sánchez-Feijóo están fóra da realidade

A vicepresidenta segunda do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz, rexeitou os cara a cara entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo ao considerar que están "fóra da realidade" e representan o bipartidismo.

"Quen crea que o futuro de España resúmense nunha foto de Pedro Sánchez e Feijóo está fóra da realidade do noso país", recalcou Díaz nunha mensaxe nas redes sociais.

"O bipartidismo é o pasado. Imos seguir sumando para construír o futuro", incidiu a vicepresidenta segunda do Goberno.

Non o ven así no PSOE, insisten en que Podemos desapareceu. Para Nadia Calviño, "é un feito". En opinión da vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, "o que sucedeu nas eleccións autonómicas e muncipais é que desapareceron os dous partidos políticos que xurdiron coa gran crise financeira: Ciudadanos e Podemos".

Xa lle respondeu a formación morada. Para o seu voceiro, Pablo Fernández, "que a señora Calviño queira poñer agora a chaqueta de pana deixa ao aire a súa absoluta falta de credibilidade", e "lamenta" comunicarlle que "Podemos está moi vivo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade