Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez presidiu este sábado a reunión de coordinación polo avance dos incendios

Sánchez presidiu este sábado a reunión de coordinación polo avance dos incendios

O encontro do CECOD será por videoconferencia e centrado nas zonas máis afectadas

O presidente mostrou especial preocupación pola situación en Galicia

Imaxe de arquivo de Pedro Sánchez nunha xuntanza cos líderes autonómicos
G24.gal 15/08/2025 22:34 Última actualización 16/08/2025 22:00

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, preside este sábado a reunión do Comité Estatal de Coordinación e Dirección do Plan Estatal de Emerxencias (CECOD) para avaliar a evolución dos incendios que afectan territorios como Galicia, Asturias, Castela e León ou Estremadura.

O encontro desenvolveuse por videoconferencia.

Nas últimas horas, Sánchez falou cos presidentes de Galicia, Alfonso Rueda; Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; Estremadura, María Guardiola; e Asturias, Adrián Barbón.

O presidente expresou a súa especial preocupación polo risco de que os incendios en Galicia se unan cos que están activos en Castela e León.

A última reunión do CECOD celebrouse este venres, presidida polo ministro do Interior.

Fernando Grande-Marlaska indicou que os medios estatais despregados cobren as peticións realizadas polas comunidades afectadas. Actualmente participan na extinción de 16 incendios forestais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade