Cargando resultados...
Sánchez pídelle á oposición que non utilice os fondos europeos con fins partidistas
Di que son unha cuestión de país
G24.gal
17/01/2022 19:33
O presidente do Goberno pídelle ao PP que non faga un uso partidista dos fondos europeos.
Sánchez di que son unha grande oportunidade para a recuperación e insta a oposición a que non os boicotee cuestionando a súa repartición.
"Non fagamos dos fondos europeos unha cuestión partidista. Fagamos dos fondos europeos unha cuestión de país. Iso é o que lle pido á oposición", di o presidente do Goberno.